Monday 20 de May de 2024

Ribeira contará cun punto violeta contra agresións machistas nas Festas do Verán


A concelleira de Educación, Formación, Igualdade, Diversidade e Atención ás Parroquias, Mª Cruz Rivadulla, presentou hoxe o operativo organizado polo Centro de Información á Muller en Ribeira (CIM) co propósito de concienciar sobre a violencia de xénero e prever calquera tipo de agresión durante o transcurso das Festas do Verán.

A cidade contará cun Punto Violeta para informar, axudar e atender calquera caso de violencia machista. Estará situado no Centro de Saúde, con presenza de axentes da Policía Local e persoal especializado en violencia de xénero.

Horarios:
• mércores 23.00 – 03.00
• xoves 23.00 – 05.00
• venres 23.00 – 06.00
• sábado 23.00 – 06.00
• domingo 23.00 – 03.00